Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Ordes inaugura o seu sistema de iluminación de Nadal


Ademais do casco urbano ao longo desta semana tamén se instalará en cada unha das parroquias do municipio. Un ano máis o Concello decántase pola colocación de bombillas leds polo seu baixo consumo enerxético
O Concello de Ordes inaugurou onte o seu sistema de iluminación de Nadal, o cal permanecerá ata o remate das festas que están a piques de dar comezo.
A vila de Ordes é o primeiro punto do municipio onde se levou a cabo o encendido. As principais vías do casco urbán e aquelas zonas con ampla presenza de establecementos comerciais e hosteleiros son os primeiros nos que se levou a cabo a instalación. Según a empresa encargada da súa instalación todavía se procederá coa colocación noutros puntos da vila. Por outra banda cada unha das 13 parroquias do municipio tamén contará ao longo desta semana co seu propio sistema de iluminación navideña. Nestes casos o criterio que se segue para a colococación é o de facelo preto das igrexas ou prazas principais.
Un ano máis o Concello de Ordes decantouse pola colocación de cordóns de bombillas leds decorados con distintos motivos. En moitos casos levan incluídas bombillas flash, as cales emiten destellos. Tamén se procedeu coa colocación de árbores de Nadal luminosos en puntos concretos como o balcón do Concello ou o Campo da Feira, entre outros.
Este sistema trae consigo ventaxas tanto no seu baixo consumo enerxético, como no descenso do custo que supón para as arcas municipais. Tamén na escasa contaminación lumínica que supón ou no perxuizo que acarrea para o medio ambiente.
Co prendido da iluminación de Nadal o Concello de Ordes pretende animar a todos os seus veciños e veciñas a que desfruten das festas e incentivar o consumo local. Unha medida que se suma á campaña iniciada estes días coa colocación de carteis e a difusión dun vídeo en diversas plataformas baixo o lema ‘Merca en Ordes. Ti daslle vida’.